miércoles 17 de agosto de 2011

LITTLE THINGS: Os filtros da cafetera
Os filtros da cafetera, desas cafeteras italianas de tres pezas, sonche a veces un incordio cando por calquer motivo esqueces vacialas tras facer o café e os restos do café se resecan sobre a cafetera; ou porque o teu compañeiro de piso é un porco que non sabe que lles hai que pasar un auga. Eu tampouco é que sexa moi hixiénico ao vacialo (xeralmente golpeo o filtro contra o extremo do cubo da basura), pero dende logo que sempre lle paso un auga, ainda que non sempre lle paso xabrón.
Nunca tomei moito café na casa, ainda que si preparei moitas cafeteras para a miña nai, tendo moi conocida a proporción de café que hei de poñer no filtro en relación ca auga do depósito. Recentemente cambiaron de cociña e de cafetera, e os cálculos fóronse á merda...
E como a cafetera nova de meus pais, as cafeteras de casa SuSa tampouco lles teño tomado a medida. Ainda así, e en parte en contra das preferencias de Sabe, misturo un 80% de descafeinado con un 20% de café café. E gústanme esos cafés...
Espero que sexan ao gusto de todos, ainda que xa se sabe que non se debe xogar co café que se pon nas cafeteras

1 ditos:

  1. Facer un café nunha tarde chuviosa é un dos pequenos placeres da vida. E se tes con que compartilo mellor.

    ResponderSuprimir